Aitana Leguina
Deseño gráfico
aitana.leguinarod@gmail.com
Estudiei Deseño Gráfico na UDIT (Universidade de Deseño, Innovación e Tecnoloxía) en Madrid. Creo proxectos de identidade visual, comunicación audiovisual e deseño gráfico en xeral. Gústame abordar cada proxecto como un reto único, explorando novas ideas, formas e linguaxes visuais, adaptándome ás necesidades de diferentes clientes, sectores e públicos.
A miña mirada combina rigor e creatividade, buscando sempre un equilibrio entre concepto e estética. Galicia é unha das miñas maiores fontes de inspiración: nas súas paisaxes, na lingua e nas tradicións atopo matices que aportan personalidade e alma aos meus proxectos, que combino con referencias internacionais e enfoques contemporáneos.
O meu obxectivo é construír proxectos que comuniquen con sentido, que sexan visualmente atractivos e que, ao mesmo tempo, transmitan emoción e identidade, adaptándose a cada contexto e desafío.