• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
Socios e socias Proxectos

Alba Bermúdez

Deseñadora gráfica en Lalola Estudio de Branding

  • Web
  • Instagram
  • Linkedin
  • YouTube

En 2005 cursei os estudos superiores en Deseño Textil e Moda de Galicia (ESDEMGA). Tras realizar prácticas en dúas firmas de moda española de referencia, descubrín que a miña verdadeira paixón era o deseño gráfico.

Durante once anos traballei no sector da publicidade e do reclamo publicitario, ocupando o posto de deseño e preimpresión, o que me permitiu adquirir unha visión moi funcional e práctica do oficio.

En 2020, a miña mellor amiga —agora tamén socia— e máis eu fundamos Lalola, un estudo de branding situado en Cangas do Morrazo, especializado en estratexia, creación e xestión de marca, desde o que desenvolvemos proxectos para clientes de todo o mundo.

En Lalola encárgome de proxectos de identidade visual, dirección de arte e consultoría, mentres a miña socia céntrase na estratexia, o copywriting e a consultoría. Xuntas damos forma a marcas con significado, equilibrando concepto e estética, fondo e forma.

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.