Ana Besada
Deseño de interiores
T. 604 073 032
admon@slab.es
Deseñadora de Interiores en Slab Arquitectura de Interiores. Técnico Superior de Administración e Finanzas. Graduada en Deseño de Interiores pola Escola de Artes Superior e Deseño Antonio Failde (Ourense).
Tras dezaseis anos traballando en pemes xestionando, administrando e, incluso dirixindo, empresas de alimentación, transporte e hostalaría, en 2015 cambio de terzo, matriculándome no Grao de Deseño de Interiores. Desde 2018, colaboro con construtores, arquitectos e distribuidores de cociñas realizando proxectos de interiorismo, reformas e obra nova. A finais do 2020 fundo Slab Arquitectura de Interiores, estudo situado en Ponteareas (Pontevedra).
Desenvolvo proxectos de interiores, deseño de mobiliario singular ou a medida, deseño de iluminación e instalacións e xestión de obra e mobiliario. Colaborando con varios equipos de profesionais, levamos a cabo proxectos personalizados nas súas diferentes fases, incluída “chave en man”, abarcando ámbitos como clínico, restauración, hotelería, oficinas, residencial, tendas de roupa e outros servizos.