• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
actividades dag
29-10-2010 08:42:41

Andreu Balius no feet

É un dos deseñadores de tipos máis recoñecidos do panorama nacional.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

 

Desde 2002 dirixe o seu propio estudio, Typerepublic, especializado no deseño de tipografía e con sede en Barcelona.

Conta cunha ampla experiencia docente: é profesor asociado da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade Pompeu Fabra e leva percorrido xa medio mundo (México, Francia, A Arxentina, Italia...) dando conferencias e realizando cursos e talleres.

É autor do libro Type at work. Usos de la tipografía en el diseño editorial, de numerosos capítulos de libros e tamén de artigos sobre o tema publicados en revistas especializadas.

E os días 16, 17 e 18 de decembro ímolo ter no feet - foro de edición e tipografía, 2010 compartindo con todos os que se acheguen ata a Casa das Campás a súa experiencia e visión da tipografía.

Foto: Felipe Pimentel

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.