Ano novo, socia nova :)
Chámase Bea Lema e é deseñadora de produto. Grazas por unirte á DAG e benvinda!
Ola, o meu nome é Bea Lema e vivo na Coruña, a miña cidade natal. Estudei Deseño de Produto e comecei a miña traxectoria profesional traballando para a firma de cerámica Sargadelos. Posteriormente creei o proxecto Lelédacuca, xunto con Xoan Torres, no que realizamos obxectos que mesturan a artesanía tradicional co deseño contemporáneo.
Na actualidade son socia da cooperativa 7H, desde onde desenvolvo o meu traballo en relación ao deseño de produto e a ilustración. Realicei proxectos moi diversos (obxectos grandes, obxectos pequenos, instalacións, accións,...). Ademais, tamén imparto os meus propios talleres.
Creo firmemente na cooperación e é por isto que decidín pasar a formar parte da DAG. Como dicían na Bola de Cristal: só non podes, con amigos si.