• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
noticias socios/socias
12-03-2020 10:43:50

Antonio Doñate e Carlos Hidalgo, novos socios da DAG

Nesta ocasión damos a benvida a dous novos socios. Toni e Carlos son os nomes detrás da alma gráfica de Numax, un proxecto ben coñecido polo seu espírito pioneiro e innovador. Esta cooperativa, contedor de varias disciplinas do sector cultural, é unha auténtica fervedoira de ideas e proxectos aos que dan forma desde o seu laboratorio creativo.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Ola, somos Toni e Carlos e facemos parte da cooperativa Numax dende a súa apertura hai cinco anos. Numax é máis coñecida pola súa cara pública, a do seu cinema e a súa libraría; pero por detrás, e tamén dende o seu inicio, alberga un espazo creativo ao que demos en chamar Laboratorio. E alí traballamos nós, xunto a outras catro compañeiras.

No Laboratorio Numax, ademais de coordinar e elaborar a identidade da cooperativa, desenvolvemos proxectos externos de deseño, comunicación e produción e posprodución de vídeo. Alí, ocupámonos da área de gráfica e deseño web, e aínda non nos cansamos do oficio, de tentar poñer atención ao detalle en cada fase para que o resultado dos nosos traballos sexa útil e diferente a un tempo.

Unha aperta e moitas grazas por acollermos.

Perfil de Antonio Doñate
Perfil de Carlos Hidalgo
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.