• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
actividades dag
19-06-2025 09:16:00

Asemblea da DAG en Lugo

O singular centro sociocultural O Vello Cárcere acolleu a asemblea anual da DAG o pasado sábado 7 de xuño.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Un grupo dos asistentes á asemblea no Vello Cárcere 

Unha veintena de profesionais do deseño reuníronse para falar das liñas de traballo para o vindeiro ano, no que se cumplirán 20 da fundación da Asociación. O programa de actividades e proxectos incluirá a celebración do foro bienal FEED, o inicio da fase de catalogación de AR\DE, a segunda temporada do podcast Rexistro Sonoro do Deseño Galego, a activación do grupo de internacionalización, accións de divulgación do traballo das persoas asociadas e outras iniciativas para favorecer o recoñecemento do valor do deseño a nivel empresarial, cultural e patrimonial. 

Despois da asemblea asistiron á presentación do proxecto de investigación de María Ramos e Ana Moliz sobre uso de licenzas tipográficas, Font Licensing Mess, cuxa web foi deseñada e desenvolvida por Óscar Otero. A mostra do estudo, realizado entre 2023-25, inclúe 171 fundiciones e profesionais independentes de 44 países.Trátase dunha primeira achega ás licenzas comerciais dende unha perspectiva estruturada e comparativa, cun enfoque que, aínda que é técnico, ten intención pedagóxica, para asistir ás persoas na toma de decisións de compra e uso de tipografías. 

Tras o xantar común realizouse unha visita guiada a O Vello Cárcere para coñecer a historia do lugar, os usos das distintas partes do edificio e as duras condicións de vida de quen habitou esta construción hoxe rehabilitada e reconvertida en centro sociocultural. A EASD Ramón Falcón mantén alí un espazo expositivo con traballos como a serie cerámica NaCasa da nosa asociada Tania Villamarín.

As asembleas son unha oportunidade de encontro e intercambio de experiencias e opinións que axudan a marcar o rumbo da Asociación e contribúen a mellorar aspectos do seu funcionamento. A directiva agradece a participación de todas as persoas que asistiron este sábado, así como tamén entende a intención de participar de moitas que non puideron vir nesta ocasión e emprazan ás persoas asociadas a contactar en calquera momento do ano coas súas achegas, observacións ou ideas.

Lugo era a provincia pendente, logo de ter celebrado xa asembleas en Coruña, Vigo e Ourense, ademais de todas as que tiveron lugar en Compostela, e agradecemos moito á Área de Cultura e Turismo do Concello de Lugo e ao personal do Vello Cárcere a súa acollida e facilidades para poder celebrala alí.

Comeza a singladura cara os 20 anos da DAG!

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.