• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
08-02-2023 12:00:00

Asociadas DAG no xurado dos Premios Canarias de Deseño

A asociación DI-CA, compañeira de READ, rescata os Premios Canarias de Deseño para traballos producidos, impresos, publicados, emitidos, visionados online e editados dende o 16 de abril de 2019 ata o 23 de decembro de 2022, e entre as persoas membros do xurado atopamos a Alberto Carballido, Samuel Baltar e Ana Besada, socios e socia de DAG.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Alberto Carballido, Ana Besada e Samuel Baltar

Os Premios Canarias de Deseño son o recoñecemento público de todo o valor que profesionais e empresas de deseño, empresas que confían no seu traballo e estudantes das diferentes disciplinas do deseño aportan á sociedade, na que, como factor estratéxico de competitividade, contribúen apostando pola innovación e xerando riqueza. A través destes premios, DI-CA pretende ademais explicar ao conxunto da sociedade a importancia do deseño e dotalo de maior visibilidade.

A inscrición dos proxectos abriuse o 27 de decembro de 2022 e pechouse o pasado 3 de febreiro de 2023. Na presente edición conviven tres tipos de premios cos seus correspondentes xurados, ademais do Premio Traxectoria seleccionado directamente pola Xunta Directiva actual de Di-CA: Premio Canarias de Deseño Ouro, Premio Deseñadores/as, Premio Estudantes.

Ana Besada, deseñadora de interiores e CEO de Slab Arquitectura de Interiores, Alberto Carballido, director de proxecto e deseño en Novagarda, e Samuel Baltar, director creativo do estudio Orixe, son os tres representantes DAG do xurado destes VI Premios Canarias de Deseño. 

A DAG colabora como xurado con asociacións e entidades promotoras de premios que valoran o sector do deseño, e tamén en convocatorias de xurados profesionais para chamadas a proxecto como boa práctica na contratación de servizos de deseño.
 

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.