• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
noticias socios/socias
09-12-2025 16:40:06

A DAG participa na mesa sobre asociacionismo das Xornadas de Profesionalización de Artistas

Os próximos 12, 13 e 14 o CGAC acolle as primeiras Xornadas de Profesionalización de Artistas organizadas por A Colectiva, asociación profesional de artistas de Galicia, e a DAG participa xunto con outras asociacións.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Imaxe das xornadas /  ©AColectiva

As xornadas pretenden ser un punto de encontro con idea de compartir, descubrir e reivindicar a realidade profesional da creación contemporánea. Durante eses tres días, haberá mesas redondas, masterclass e encontros profesionais. 

O venres 12, ás 18.15 h, Raquel Boo como representante de DAG participa nunha mesa redonda sobre asociacionismo cultural en Galiza, xunto con Laura Romero (AGPI), Clara R. Cordeiro (AGPXC), Pablo Fontenla (CREA) e Andrea Quintana (PAM); para coñecer as situacións, obxectivos e proxectos en curso das distintas asociacións. Previamente, ás 16.30 h, está a mesa redonda A este lado do espello, onde artistas e docentes falarán da súa experiencia dentro e fóra do ámbito universitario. 

O sábado 14, pola mañá as mesas abordarán a situación actual do sector no marco do Estatuto do artista, aprobado polo Ministerio de Cultura; e tamén aspectos do Plan de Dereitos Culturais, mecanismos de regulación e boas prácticas por parte das administracións públicas; mesa na que participará a nosa asociada, a deseñadora de proxectos culturais Natalia Balseiro. Pola tarde haberá unha masterclass para afondar na profesión de artista e o seu marco legal, e un encontro aberto de intercambio profesional entre artistas, curadores, representantes do sector cultural e investigadores. 

O domingo 15, a xornada abre ás 10.00 h cunha mesa redonda sobre a situación dos e das artistas no contexto actual, que contará coa participación doutra das nosas socias, a deseñadora e xestora cultural Alexandra Rodríguez Rey, e remata cunha gala de entrega de galardóns a entidades, profesionais e iniciativas culturais. 

A participación nestas xornadas está aberta a toda persoa interesada e é totalmente gratuíta, mais precisa de inscrición previa para controlar o aforo do auditorio.

Inscrición
Máis info
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.