Axudas do Igape ás empresas galegas para a internacionalización
O Igape acaba de publicar varias liñas de axuda para a internacionalización das empresas galegas: IG110 - Internacional - Liña participación en eventos expositivos que se celebren fóra de España (2012) coa que se pretende favorecer a participación agrupada en eventos expositivos que teñan lugar fóra de España. IG172 - Internacional - Liña márketing, comunicación e marca (2012), para fomentar o recoñecemento e revalorización da marca e propiedade industrial en novos mercados internacionais. IG124 - Internacional - Liña misións inversas (2012) coa que se persegue impulsar a organización e coordinación de misións inversas do estranxeiro a Galicia, que favorezan un colectivo de empresas galegas para dalas a coñecer, e para facilitar o contacto con potenciais clientes ou socios. IG173 - Internacional - Liña prospección internacional (2012) para apoiar a prospección en novos mercados do estranxeiro, previa a unha posible implantación comercial estable, favorecendo así a promoción no exterior e o incremento da competitividade da empresa mediante o establecemento en novos mercados. IG158 - Internacional - Primeira implantación promocional conxunta no exterior - Plan Primex (2012) dirixida a empresas galegas que acaden un acordo de cooperación entre elas para sumar esforzos, compartir custos e, se é o caso, estratexia e marca para establecerse por primeira vez en novos mercados internacionais. Trátase de subvencións todas a fondo perdido e en réxime de concorrencia non competitiva e a elas poden optar empresas de calquera sector de actividade. Tramitación en http://www.tramita.igape.es