• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
noticias socios/socias
13-10-2022 12:00:00

Benvida Sofía​!

A DAG suma unha nova asociada, Sofía F de Ana, que despois de percorrer medio mundo, volveu a Galicia e traballa desde Pontevedra. Estamos moi contentas de contar con ela.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Boas, chámome Sofía, son e vivo en Pontevedra, e din unhas voltas polo mundo antes de voltar a casa.

Son licenciada en Belas Artes en Salamanca, especializada en deseño gráfico. Completei estudos de fotografía e tipografía na Gerrit Rietveld Academie de Amsterdam. Becada pola Fundación Barrié, cursei o “Master of Science” en communications design en Pratt Institute, Nova York.

Traballei en estudos de deseño gráfico como Milton Glaser e RDA de Manhattan, Frank Schröder London en Londres, BR Nektarnet en Barcelona ou Interbrand en Madrid.

Xa en Pontevedra, dende o ano 2006 traballei de forma independiente para empresas e institucións como a Fundación Barrié, Ministerio de Sanidad, Concello de Pontevedra, Bodegas Vivanco ou Hifas da Terra.

Agora estou traballando en Hifas da Terra como deseñadora gráfica manager e, aínda que o meu traballo sempre foi de deseño gráfico xeralista, actualmente estou mais interesada e centrada en proxectos de branding e packaging.

MUNDO - (NATUREZA + ARTE + ACCIDENTE) = DESEÑO

Encantada de pertencer a DAG. Espero poder compartir, aportar e aprender.

Unha aperta,

Sofía.

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.