Benvindo á DAG, Fran
Pois si, temos un novo socio e, como sempre, pedímoslle que se presente para que todos poidades coñecelo un pouco mellor.
Ola a todos/as!
Chámome Fran e alégrame moito formar parte da DAG. Espero poder colaborar co meu gran de area para que o deseño galego sexa cada día máis destacado e que a profesión de deseñador, en calquera das súas vertentes, sexa máis e mellor recoñecida e respectada.
Creo que o traballo que facedes, tanto a asociación como os seus membros, é de moita calidade e valor.
Embarqueime en Innovación Ágil fai xa algo máis de tres anos e estou a gozar moito traballando día a día, lado a lado, con persoas e en proxectos de diferente tipoloxía.