Bisiona, as Xornadas de Arte e Deseño organizadas pola EASD Pablo Picasso
A 7ª edición das Xornadas de Arte e Deseño que organiza a EASD Pablo Picasso da Coruña, terá lugar na propia escola os días 24, 25 e 26 de xaneiro. Este ano contan coa presenza dos compañeiros de Novagarda.
As xornadas buscan achegar o alumnado á realidade profesional das diferentes especialidades formativas que se imparten na escola. Este ano ademais, a Aula de Saxofón do Conseratorio Superior de Música realizará unha serie de intervencións nos descansos entre as charlas.
Programa das VII Xornadas:
Mércores 24:
-
09.30 h e 11.00 h: Martín Romero e Sandra Lodi: ilustradores que falarán dos procesos de creación a través de dúas charlas: «To bird or not to bird: Proceso de creación dunha curtametraxe de animación» e «O hurror».
-
12.30 h: Andrea Fernández: restauradora que centrará a súa charla nas técnicas pictóricas e de dourado para a restauración dos bens culturais.
-
16.00 h: Fran Remiseiro: escultor que falará das formas previas ao posmodernismo a través da charla «A spolia e o contemporáneo».
-
18.00 h: Anxo García: marionetista que fará un percorrido polo mundo das marionetas, a tradición e o folclore.
Xoves 25:
-
10.00 h: Martí Andinach: fotógrafo que falará sobre a técnica do colodion e impartirá un taller na xornada de tarde para o alumnado de fotografía.
-
12.00 h: Novagarda: estudio de deseño gráfico formado por Iago Barreiro e Alberto Carballido, socios de DAG, que a través da charla «Mapa de contexto» falarán das liñas que definen o seu traballo e os ámbitos nos que se moven.
-
Entrega dos Premios EDLG.
Venres 26
-
10.00 h: Juan Tejedor de Tejedor y Otero Arquitectos: estudio de arquitectura que presentará a charla «Arquitectura de interiores en espazos comerciais» xunto con dous ex-alumnos da escola que actualmente traballan con eles, Andrea Permuy e Óscar Freire.
-
12.00 h: Manchea: imprenta de tipos móviles que impartirá tamén un taller o xoves pola tarde para o alumnado de deseño gráfico e de ilustración da escola.
As xornadas son abertas ao público ata completar o aforo do Salón de Actos da escola, sita en Rúa Pelamios 2 (A Coruña), mais terá preferencia de asistencia o alumnado da escola.