Bisiona, VIII Xornadas de Arte e Deseño da EASD Pablo Picasso
Do 22 ao 24 de xaneiro a EASD Pablo Picasso da Coruña organiza as VIII Xornadas Bisiona. Tres días para coñecer a experiencia profesional de antigos e antigas estudantes da escola como Lidia Cao, Luis Mosquera ou Marta Lojo. A asistencia é aberta ao público, mais o alumnado ten acceso prioritario.
Neste ano 2025 a escola EASD Pablo Picasso celebra ademais o seu 175 aniversario polo que estas xornadas son especiais xa que participarán profesionais da arte e do deseño que pasaron previamente pola escola, e estudantes que recentemente finalizaron os estudos para presentar os seus proxectos fin de grao ou curso.
As xornadas inaugúranse o mércores 22 ás 09.30 h cunha benvida institucional. Ás 10.00 h participan as ilustradoras Violeta González e Lidia Cao e ás 12.00 h os profesionais do dourado Brais Carpintero e David Muñiz. Pola tarde, ás 16.00 h serán protagonistas os fotógrafos Steffan Abella e Kiko Delgado.
O xoves 23 ás 10.00 h abren a xornada os deseñadores de interiores Iria Moreira e José Santiso. Despois farase entrega dos premios a aqueles proxectos TFE/PI que se presenten en galego e ás 12.30 h faralán de deseño gráfico Luis Mosquera e Marta Lojo. Pola tarde a ponencia vai a cargo do escultor Miguel Ángel Vigo Baleirón.
O venres 24, ás 10.00 h será o turno dos ceramistas Jorge Ramírez e Verónica Moar. As xornadas finalizarán coa presenza de Patricia Morales, Laura Blanco e Jorge Rodríguez «Gorka» ás 12.00 h.
Durante as xornadas a Aula de Saxofón do Conservatorio Superior de Música da Coruña realizará unha serie de intervencións interpretando obras do repertorio clásico contemporáneo.
Todas as ponencias terán lugar no Salón de Actos da Escola. Estarán abertas ao público ata completar aforo, porén o alumnado terá prioridade de acceso.