• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
01-07-2022 12:00:00

Camiñando cara ao 10 ENAD

Os próximos 21 e 22 de outubro celebrarase,​ no edificio Castelao do Museo Pontevedra, o 10ENAD. A décima edición dos Encontros Nacionais de Deseño que organiza READ e DAG, como asociación que ocupa a actual presidencia, desenvolverase baixo o lema «Cidades imaxinadas, cidades deseñadas» coa intención de responder á cuestión: «en que tipo de cidades queremos vivir?»

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

En canto ao programa, a xornada do venres abrirase cunha conferencia maxistral de Tamara Pérez e Guillermo Parada do estudio chileno GT2P, que utiliza o deseño paramétrico para crear artefactos urbanos. A continuación, unha mesa redonda na que coñeceremos diferentes e interesantes proxectos, nos que participarán Flora Pescador, arquitecta paisaxista; Space 10, laboratorio de investigación e deseño de IKEA; To Good To Go, un movemento contra o desperdicio de alimentos; Montse Rodríguez Ojea, directora de innovación da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA); e Miguel Arraiz, arquitecto e creativo que se conectará desde o Àgora València. A mañá fnalizará con un debate moderado por María Navarro sobre «como deseñar os lugares que habitamos para facelos máis sustentables?».                         

O sábado repítese o esquema de funcionamento con Pablo Sendra, arquitecto que combina a docencia na Bartlett School of Planning del University College of London coa práctica profesional do deseño urbano. Unha nova mesa redonda participada por María Novas, arquitecta e investigadora autora del libro Arquitectura y género; Amelie Aranguren, responsable do Centro de Acercamiento a lo Rural (CAR), socia de Campo Adentro e Premio Mini de Diseño 2022; Pezestudio, estudio de arquitectas de Bilbao, Madrid e Lima que deseñan espazos, procesos e servizos de forma participativa; e Inés Novella, arquitecta urbanista desde València. A presidenta de READ Uqui Permui moderará o debate «como son as cidades nas que queremos vivir?» co que porase punto e final á​ sesión de conferencias.                                           

Complementan o programa varias actividades que se desenvolverán de forma paralela e que iremos contando proximamente.

Unha parte fundamental dos ENAD son as mesas de traballo que buscan no encontro o momento de poñer en común todo o traballo desenvolvido ao longo do ano e que orixina as liñas de actuación de cara o futuro da rede. Así, a tarde do venres está adicada a seis mesas que xiran en torno ás seguintes temáticas:                      

  • Deseñando ecosistemas habitables, coordinada por Marta Pascual          
  • Internacional / FSWD, coordinada por Juan Lázaro e Nerea Domenech
  • Transitando o impensable, coordinada por Mari Carmen Estevan de Gráficas en Negro
  • Educación e deseño, coordinada por Juana Valcárcel e Daniel Hervás
  • Chamadas a proxecto. Ese gran descoñecido, coordinada por Ana Rodríguez
  • Presentamos o SNIC (Sistema Nacional de Intelixencia Creativa), coordinada por Irene García e Mónica Bonafonte       

A imaxe corporativa foi deseñada polo socio de DAG Samuel Baltar, do estudio Orixe, e en breve presentaremos a páxina web na que ademais de coñecer todos os detalles do encontro poderedes inscribirvos e participar nas mesas de traballo programadas, ​das mesas redondas, conferencias e debates. 

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.