Casos de éxito do deseño galego
Co obxectivo de pór en valor o deseño como factor de innovación, a Axencia Galega de Innovación (GAIN) a través dos Centros de Centros de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira (CIS-Madeira) e do Deseño e a Tecnoloxía (CIS-Galicia) está a promover unha iniciativa para identificar casos de éxito do deseño en Galicia, co fin de visibilizar e promocionar o potencial galego neste ámbito.
A iniciativa insírese dentro do proxecto europeo Design4innovation e pretende:
- Identificar os dous mellores proxectos industrializados por empresas galegas e presentalos, con cobertura de gastos de aloxamento e desprazamento, na exposición de deseño europeo que terá lugar en abril 2018 na Valetta, capital europea da cultura 2018.
- Editar unha publicación que recompile todos aqueles casos que reúnan as características solicitadas e que axude a difundir as mellores prácticas do deseño galego, demostrando que o deseño pode ser chave para conseguir obxectivos específicos da empresa, tan pragmáticos como alcanzar certas cuotas de mercado, abrir mercados novos, diversificar a oferta de produtos, conseguir que unha innovación tecnolóxica sexa asimilada facilmente polo usuario.
Todos os detalles sobre o proceso de inscrición e selección están contidos no seguinte documento: