![](/_/eyJ0eXAiOiJKV1QiLCJhbGciOiJIUzI1NiJ9.eyJpbSI6WyJcL21lbWJlcnNcL2F2YXRhcmVzXC93aGF0c2FwcC1pbWFnZS0yMDI0LTAxLTI1LWF0LTE5LTIwLTUwLmpwZWciLCJyZXNpemVDcm9wLDEyOCwxMjgiXX0.c0EPF3gJMzTXH7BDGqwTOTJfvy45hWlNym4/D23TTQ-4.jpeg)
Caterina Varela
Artista, deseñadora gráfica e xestora cultural
T. 670 279 805
varelacaterina@gmail.com
Son artista, comisaria e xestora cultural dentro do ámbito da danza e das artes vivas. Imaxino, coordino e colaboro en proxectos tanto de creación artística como vinculados a residencias artísticas, mediación e comisariado.
O deseño gráfico camiña ao meu lado dende fai máis de vinte anos, acompañando a miña traxectoria profesional en proxectos propios e como colaboradora en distintos proxectos de artes vivas (La Macana, Colectivo RPM, Teatro Rosalía Castro, Teatros del Futuro, Escena Plural). O deseño editorial interésame especialmente.
Son Técnico Superior en Imaxe e curso as últimas asignaturas do Grao en Deseño e Creación Dixital da Universitat Oberta de Catalunya.