Cenlitros e Pepe Barro, nominados aos Premios Gràffica 2023
Nesta 14 edición dos Premios Gráffica, a revista dirixida pola axencia de comunicación e editorial PalauGea, cólanse varias referencias galegas, entre elas, os socios de DAG, Pepe Barro e Xabier Rilo de Cenlitros.
As nominacións deste ano configuran un grupo ecléctico de profesionais, colectivos e institucións de diferentes zonas xeográficas, que son referencia do mundo da cultura visual dentro de diferentes disciplinas e campos creativos: deseño gráfico e todo o que implica (tipografía, editorial, embalaxe…), deseño de produto, urban art, moda, deseño expositivo, programas de radio e Tv, puntos de venda de deseño…
No medio de todo o grupo, atopamos as nominacións de Pepe Barro, que precisamente está a festexar os seus 50 anos na profesión coa exposición A cociña de Barro, e de Cenlitros, o estudio formado polo noso socio Xabier Rilo e o seu compañeiro Ricardo Tubío. Na lista cólanse tamén proxectos galegos como Sargadelos ou Xerion.
Os Premios Gràffica veñen celebrándose desde o ano 2009 e recoñecen proxectos e profesionais que melloran a cultura visual realizada en España. A diferencia doutros premios, o xurado elixe candidaturas de forma directa, sen que previamente exista unha fase de inscrición de proxectos. Desta vez, tamén temos representación galega no xurado: os compañeiros de Desescribir, Cibrán Rico e Suso Vázquez, e Alex Rico.
Os dez proxectos premiados daranse a coñecer proximamente. Estaremos atentas!