• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
noticias socios/socias
18-04-2023 10:08:00

Cenlitros recibe un IF Design Award pola mesa «Lusi»

O noso socio Xabier Rilo e o seu compañeiro en Cenlitros, Ricardo Tubío, veñen de recibir un Premio IF Design Award pola mesa «Lusi». Esta peza, premiada tamén por ADI FAD o ano pasado, representa moi ben a filosofía do estudio, onde a funcionalidade e o uso coidado do material acadan total importancia.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Fotografías Roi Alonso, Javier Brandido

«A alteración dos hábitos de vida require dunha resposta dende o deseño de espazos e de equipamento, esixindo entornos flexibles e capaces de adaptarse a diferentes circunstancias. A tradicional diferenciación entre mobiliario doméstico e de oficina comeza a non estar tan clara, xurdindo pezas capaces de convivir en diferentes ambientes. “Lusi” nace coa intención de unir calidez e proximidade do mobiliario doméstico e a limpeza e o pragmatismo das solucións de oficina. Constrúese a partir dunha sinxela estrutura de madeira maciza de cedro ou freixo sobre a que se apoia un taboleiro contrachapado. A estrutura emprega unha linguaxe de culto ao material e ao oficio, mentres que a superficie faino nun tono máis sobrio e contido, vinculado á funcionalidade e a durabilidade».

Os IF Design Award son uns premios de ámbito internacional, un dos máis importantes do mundo, e nesta edición presentáronse 11.000 candidaturas de 56 países diferentes. O xurado seleccionou os proxectos gañadores baixo uns criterios obxectivos e entregarán os premios nunha gala especial o próximo 15 de maio en Berlín. 

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.