Asociación
Galega
de Deseño

  • Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
noticias socios/socias
19-10-2020 12:50:57

O estudio cenlitros e a deseñadora Uqui Permui finalistas na Bienal Iberoamericana de Deseño

O deseño para a sinalización das Cabanas de Albeida, creado polos nosos socios Xabier Rilo e Ricardo Tubío, foi seleccionado na categoría de deseño gráfico e comunicación visual da sétima edición da BID. Nesta mesma categoría atopamos tamén o deseño para a marca Xacobeo 2021, un proxecto creado pola nosa socia Uqui Permui para a identidade do próximo ano xacobeo.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

A Bienal Iberoamericana de Deseño é unha iniciativa de DIMAD, cuxo eixo central é unha exposición internacional itinerante. A semana inaugural terá lugar do 23 ao 27 de novembro na Central de Deseño de Matadero Madrid. A mostra, que se convirte nun punto de encontro para profesionais e institucións, permanecerá aberta ao público ata finais de ano.

Dos 420 proxectos presentados, 140 son as propostas seleccionadas por un xurado internacional. Arxentina, Bolivia, Brasil, Chile, Colombia, Costa Rica, Cuba, Ecuador, O Salvador, Guatemala, Honduras, México, Nicaragua, Panamá, Paraguai, Perú, Portugal, Porto Rico, República Dominicana, Uruguai e Venezuela son, xunto con España, os países representados. Este ano a DAG celebra a selección do traballo de 3 das nosas asociadas, a deseñadora Uqui Permui e Xabier Rilo e Ricardo Tubío, do estudio de deseño cenlitrosmetrocadrado. Os proxectos seleccionados serán publicados no catálogo da exposición e tamén na propia páxina web da BID 2020. 

Seleccionados BID_20

DAG, Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Mércores de 16:30 a 20:30 h
Venres de 16:30 a 20:30 h

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Enderezo postal
Apartado de correos 2131
15780 Santiago de Compostela

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon
É membro da
Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.