• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
concursos
20-03-2019 11:48:24

Chamadas a proxecto para profesionais do deseño

Un anteproxecto expositivo e un documental interactivo son dúas das tres partes de que consta o proxecto From Desing with Design, que pretende dar visibilidade internacional ao deseño español.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

From Spain with Design, FSWD, é un proxecto impulsado por READ co apoio económico do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte do Goberno de España, que pretende dar visibilidade ao deseño español, propiciando a súa comunicación a nivel nacional e internacional. Tamén quere crear sinerxias dentro do colectivo profesional e impulsar a creatividade e o deseño como eixos de prosperidade, contribuíndo á visibilidade da “Marca España”.

FSWD quere amosar as capacidades dos deseñadores e deseñadoras e os estudios nos que están integrados dentro dos ámbitos do deseño de produto, deseño gráfico e comunicación visual, interiorismo e espazos, e deseño de servizos. O colectivo empresarial estará representado coas empresas produtoras e editoras vinculadas a eses mesmos ámbitos.

O proxecto quere ser unha plataforma que recolla toda a información xerada para amosala de formas variadas: soporte online, documental interactivo e proxecto expositivo responsive.

Crearase un Comité de Selección que avaliará os proxectos, deseñadores e empresas propostos polas diferentes asociacións e que xa pasaran o filtro previo do Grupo de Traballo FSWD.

Servizos contratados nestas chamadas a proxecto
O ano pasado fíxose a chamada a proxecto para crear a identidade gráfica e o sitio web de FSWD. O GT FSWD lanza agora as chamadas a proxecto dos soportes que faltan:

1) Chamada a proxecto para o Documental Interactivo FSWD – 1ª Fase
2) Chamada a proxecto para o Anteproxecto Expositivo FSWD

O prazo límite de envío de candidaturas é o 22 de marzo de 2019, ás 18:00 h.
Esta convocatoria é aberta e non exclusiva para socios e socias das asociacións de READ.

Podedes consultar as convocatorias completas nestes documentos.

Chamada a proxecto para o documental
Chamada a proxecto para anteproxecto expositivo
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.