Charla sobre sistemas de deseño da man de Óscar Otero
Este venres 22 de novembro, o noso socio Óscar Otero estará en Lugo falando de sistemas de deseño, nun encontro organizado por WordPress Lugo.
WordPress Lugo organiza este meetup dirixido a deseñadores e deseñadoras dixitais, traballen ou non directamente con WordPress. Neste encontro profesional, Óscar Otero falará sobre os sistemas de deseño, de como encaixar as diferentes tarefas que fan falla para a creación dun proxecto dixital e tamén, de como aproveitar elementos dun proxecto a outro que xa están testados a nivel de funcionalidade. Óscar leva máis de 20 anos traballando no deseño web e actualmente é deseñador de produto dixital en marketgoo.
A charla terá lugar ás 19.30 h., no CEI Nodus de Lugo, sito na Avda. da Coruña 500. As prazas son limitadas polo que é preciso inscrición previa.