Chega a II edición dos Premios Paraugas de Comunicación e Marketing de Galicia
Estes premios foron creados no 2016 polo Clúster da Comunicación Gráfica de Galicia para distinguir aquelas pezas e/ou estratexias de creatividade, de deseño, de edición, de industria gráfica, de marketing e de comunicación que destacan pola súa innovación, pola súa funcionalidade, polas boas prácticas e pola obtención de resultados tanxíbeis.
Nesta segunda edición os participantes poderán inscribir aqueles proxectos realizados desde outubro de 2016 a outubro de 2017 nas seguintes categorías e subcategorías:
1. Creatividade
- Creatividade gráfica
- Creatividade audiovisual
- Creatividade no uso dos medios
2. Deseño
- Deseño gráfico
- Deseño industrial
- Deseño dixital e interactivo
3. Artes gráficas e editorial
- Libro de arte
- Catálogo publicitario
- Álbum ou libro infantil
4. Marketing
- Estratexia/acción de branding
- Acción relación/escoita do cliente
- Estratexia/acción de produto
5. Comunicación
- Estratexia de comunicación externa
- Estratexia de comunicación interna
- Práctica na comunicación da RSE
Alén destas categorías o xurado outorgará un Premio Especial á Idea Integrada ou Crossmedia. Trátase dun premio que valorará a execución dunha campaña/acción que utilice dous ou máis elementos da cadea de valor da comunicación en Galicia, de modo que a suma deses elementos mellore o resultado final.
O prazo para presentar as candidaturas féchase o día 6 de outubro ás 20 h.
Información e inscrición en: