Chegan as II Xornadas de Arte e Deseño da EASD Pablo Picasso
Desenvolveranse entre o 17 e o 21 de decembro na escola da Coruña e están abertas a todas as persoas interesadas nas temáticas que se tratarán.
Unha semana de actividades con palestras, mesas redondas e obradoiros sobre as especialidades artísticas impartidas na EASD Pablo Picasso, de xeito que cada día unha ou varias disciplinas serán as protagonistas:
Luns 17: Dourado, prateado e policromía
11.00 h Adrián Pérez Cervoni (deletrista): Rotulación artística
Martes 18: Deseño gráfico, web e cerámica
Mañá
11.00 h María Ramos: A distribución tipográfica
12.00 h Mesa redonda sobre a tipografía en Galicia. Participan Rubén Prol, Marcos Dopico, María Ramos e Óscar Otero
Tarde
16.00 h Juan Carlos Alonso: Deseño UX/UI: Como deseñar con efectividade
17.00 h Juan Carlos Alonso: Obradoiro de deseño de interfaces web co alumnado de Deseño de Interacción
18.00 h Laura Delgado Lodeiro: De Orillamar a Cambre
Mércores 19: Escultura aplicada ao espectáculo
11.00 h Suso Montero: Escenografía con materiais reciclados
16.30 h Iria Cabrera, Sonia Iglesias, Cris Acuña: Stop Motion
Xoves 20: Deseño de interiores e fotografía
Mañá
11.00 h Leonardo Poncia e Raquel Ínsua: Visual merchandising: estratexias e aplicación
13.00 h Marcos Samaniego: O interiorismo como identidade de marca
Tarde
17.00 h Manuel Vilariño: Estratexias da fotografía na contemporaneidade
Venres 21: Ilustración
11.00 h Mesa redonda sobre ilustración. Participan Sonia G. Vidal, Xulia Pisón, Lidia Cao, María Montes, Clara López Torres