Cidade Creativa
O Centro de Emprendemento do Gaiás acolle este xoves 30 de marzo Cidade Creativa, un gran networking de emprendedores creativos.
Pero que é #CidadeCreativa?
#CidadeCreativa quere ser un mercado de creación diferente, un punto de encontro para que os que traballan no eido creativo e cultural poidan dar a coñecer os seus produtos e servizos dunha forma máis vivencial que a que permiten os tradicionais 'networkings', e onde ademais de visibilizar as máis de 50 empresas que diaramente conviven no Centro de Emprendemento Gaiás - CEM (e todas aquelas que se animen a participar) se poidan establecer sinerxías entre emprendedores, axentes e cidadanía.
Arte, artesanía, música, deseño, artes vivas, creación multidisciplinar e intercambio de coñecementos serán os eixos centrais desta cita á que todxs están convidadxs, e que contará con dous tempos: xornada de mañá e comida para profesionais e xornada de tarde aberta ao público.
Máis info en 7Hcoop@7Hcoop.es
Programa Definitivo
[9.00-11.00] Tempo de montaxe.
≠ 11.30 Inauguración institucional.
≠ 12.00-14.00 BIC Express: comparte a túa experiencia!
Un networking diferente no que en vez de falar do que facemos convidamos o resto a facelo connosco! Unha versión do Banco de Intercambio de Coñecementos en funcionamento no CEM desde o 2016. Pero, que é?
O Banco de Intercambio de Coñecementos (BIC) é un sistema económico polo cal a moeda de cambio e de valor é sempre a mesma para todos: o saber. O BIC ten como obxectivo desenvolver, crear e protexer espazos de intercambio e transmisión libre de coñecementos, potenciar o saber como un ben común que permita seguir aprendendo, e atopar estratexias máis eficaces que desemboquen en novas formas de comunicación, formación ou participación cidadá.
Nesta versión express 5 empresas do CEM compartirán a súa experiencia con aqueles asistentes interesados. Inscrición en: 7Hcoop@7Hcoop.es
- A importancia de crear o teu discurso profesional por Concha Diéguez de Reverso Comunicación, Cultura e Lingua.
- Explorando o camiño ao éxito por Beatriz G. Cibreiro de ComuniArte.
- Minimasterclass de iluminación por Andreu Romaní de Andreu Romaní Fotografía.
- Se te sentes ben, traballas mellor: ergonomía e saúde no lugar de traballo por Andrea Tapias de MásQuePapel.
- Impresión manual sobre madeira por Isabel Pernas de Quenindiola.
[14.00-15.30] Tempo de xantar comunitario (previa inscrición)
≠ 16.30 Apertura xeral de portas: comezo público de #CidadeCreativa.
Visita un mercado diferente e participa das performances, photocalls e demais sorpresas que as empresas do CEM prepararon para a xornada. Actuacións de Diana Sieira, Helen Erika Bertels, Caroline Fernandez ...; así como showrooms de proxectos, creación en directo, postos de información e moito máis! Participan:
Actante Dourada / AGPXC Xestores Culturais / AJE A Coruña / Eva Agra / B-Ride Banana / Helen Bertels / Marcos Boedo / Blockhead / ComunicArte / Correveydile / Reina D’Hoore / Nuria Díaz / Do Paraná Espazo Serigráfico / Carolina Fernández / David Fidalgo Omil / Five Sensation / Galix / Instituto de Medios Sociales / IUNI consulting / Jean Fixx / Galiwonders / Jas&Fixx / Juanma LoDo / Luís Magarinhos / Más Que Papel / My Mom Did It (Marisa Martorell) / Nana (Diana Rodeiro) / No3l / Paripepop / Jas Processor / Quenindiola / Reverso / ReEvoluciona (Marcos López) / Andreu Romaní / Sar Cerámica / Diana Sieira / Adrián Taracido / Lara Torres / Urco Editora / Diego V. Meizoso / Esther Xeix
≠ 16.30-18.30 Aprende a realizar o teu “pussyhat” desde cero, obradoiro con Actante Dourada! Só precisas traer un nobelo e unhas agullas. Calquera dúbida sobre o material podes consultala directamente con Actante Dourada ou mandar un email! Pero aínda non sabes que é o Pussyhat project?
O pussyhat é unha iniciativa xurdida en América como resposta ao grab them from the pussy (agárraas pola cona) que escoitaron dicir a Trump nunhas infames gravacións durante a campaña. Desde entón xa se teceron miles de gorros… súmaste?
≠ 18.30-19.30 Goteo Creativo. Hora de micro aberto en formato Pecha-Kucha (20 imaxes x 20 segundos). Preséntanse: Agpxc Xestores Culturais/ Blockhead / Gálix - Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil / Luís Magarinhos / Más Que Papel / Mulleres Bravas da nosa historia de Urco Editora / NANA / Paripepop / ReEvoliciona / Diego V. Meizoso
≠ 19.30 Live Set Juanma LoDo.
Juanma LoDo abre o seu estudio e deixa probar os seus instrumentos electrónicos para crear música de todos os estilos. Anímate a xogar e faite DJ!
≠ 20.00 Set DJ. Jas Processor / JEAN FIXX / Jas & Fixx
[22.00] Peche de Cidade Creativa.
www.cidadedacultura.gal/gl/evento/cidade-creativa
www.7hcoop.es/cidade-creativa/