Comeza a segunda edición de Conecta da EASD Ramón Falcón
Febreiro será o mes da arte e do deseño grazas ás xornadas Conecta que organiza a EASD Ramón Falcón, e que se desenvolverán entre o 11 e o 28 na propia escola de Deseño de Lugo e no espazo do Novo Cárcere.
PROGRAMA COMPLETO
11 de febreiro
GRAVADO
Obradoiro: Introdución á xilografía xaponesa - Mokuhanga. Fabiola Gil
10.00 Salón de actos
11.30-15.00 - Aula 15
A carreira de Fabiola Gil pasou pola escultura, o gravado e a estampaxe, a conservación e restauración, e a docencia das artes plásticas. Actualmente céntrase na técnica do mokuhanga de xilografía xaponesa, a cal perfeccionou nas súas viaxes a Inglaterra e Xapón.
Co obradoiro preténdese realizar un achegamento a esta técnica a través dun percorrido pola historia e os seus autores. Terase a oportunidade de estampar xilografías segundo o proceso tradicional.
14 de febreiro
CERÁMICA
40 anos de cerámica. Antonio Vivas Zamorano
11.30 - Salón de actos. Aula maxistral
40 anos de revista cerámica. Antonio Vivas Zamorano
11.30 - O Vello Cárcere. Conferencia aberta
Antonio Vivas dedicou a súa vida á investigación e divulgación da cerámica. É membro da Academia Internacional de Cerámica, que está asociada á UNESCO e ten a súa sede en Xenebra. En 1978 fundou a revista CERÁMICA, para potenciar a divulgación da cerámica creativa en España.
INAUGURACIÓN INSTITUCIONAL
17.00 - O Vello Cárcere
DESEÑO GRÁFICO
Linguaxes no discurso gráfico. Pepe Gimeno.
19.30 - O Vello Cárcere. Conferencia aberta
Pepe Gimeno é un deseñador, tipógrafo e artista plástico valenciano cuxa obra foi recoñecida por varias publicacións, exposicións, e premios de deseño internacionais.
Ofrécenos unha reflexión sobre a súa longa traxectoria profesional: como acomete os seus proxectos, a súa relación co cliente e cal foi a formulación estratéxica do seu estudio durante estes anos.
19 de febreiro
ENCONTRO DE EX-ALUMNOS
E ti por onde andas?
12.00 - Salón de actos. Mesa redonda
FOTOGRAFÍA
Carlos Valcárcel, a súa obra no século XX
17.00 - O Vello Cárcere. Conferencia aberta
Fotógrafo lucense cunha traxectoria de 60 anos na que experimentou coa fotografía analóxica en branco e negro para despois, descubrir a fotografía dixital, alternando as dúas. Farase unha revisión do estilo e obra do autor. Inspiración e procesos de creación. Fotografía clásica e interpretación da mesma na fotografía dixital.
GRAVADO
A serigrafía como medio de expresión artística. Bernardo Sanjurjo
19.00 - O Vello Cárcere. Conferencia aberta
Doutor en Belas Artes e promotor da Asociación das Artes Visuais de Asturias. No seu currículo figuran innumerables exposicións individuais e proxectos colectivos. Fixo carpetas de obra gráfica xunto a os poetas Antonio Gamoneda, Marcos Canteli, José Miguel Ullán e Olvido García Valdés.
Falaremos sobre o proceso creativo da súa obra, amosaranos a súa atracción por este método de estampaxe e os seus usos e posibilidades
27 de febreiro
SERIGRAFÍA
Obradoiro: Serigrafía en liña. Fernanda Álvarez
10.00-14.00 - Aula 18
Mestra de taller de Técnicas de Estampaxe e Gravado e Edición de Arte. Artista Nova Revelación do Ano en Asturias. Premio de Gravado de San Lorenzo do Escorial, Premio de Gravado Alfara e Premio Nacional de Litografía Cidade de Xixón.
Ensinaranos, desde a súa experiencia como serígrafa, as bases do rapport e o proceso serigráfico para a estampaxe de tecido e papel continuo de gran formato
DESEÑO GRÁFICO
Obradoiro: A gráfica imaxinaria. Uqui Permui
10.00-14.00 - Aula 5
Uqui Permui é directora do estudio de deseño uqui.net. É socia fundadora da DAG e representante desta na READ. Traballa en procesos de edición contemporánea, tanto en papel como en formato dixital.
A tecnoloxía, internet e as redes sociais, son recentes. Até hai pouco, a formalización dun traballo gráfico facíase a man, o que permite darnos conta de pasos que cos computadores resultan imperceptíbeis.
Cunha práctica descubriremos o pracer da idea, e como facela realidade sen computadores.
GRAVADO
Ediciones Pata Negra. Fermín Santos
17.00 - O Vello Cárcere. Conferencia aberta
Gravador, estampador, e realizador Plástico. Actualmente director de Ediciones Pata Negra.
Falaranos da súa traxectoria profesional como editor, cómo afronta os seus proxectos e a súa relación cos artistas.
DESEÑO DE INTERIORES
Retail: Creatividades e realidade comercial. María Sortino
19.00 - O Vello Cárcere. Conferencia aberta
Cun extenso currículo formativo ás súas costas, María Sortino investiga a relación entre o deseño de interiores comerciais e o deseño gráfico para novos dispositivos de dixital signage.
Como enfrontarse a un proxecto de interiores comerciais baixo un concepto creativo que modifique o espazo traducindo nas tres dimensións o concepto de marca sen esquecerse da realidade comercial.
28 de febreiro
DESEÑO DE INTERIORES
Obradoiro: Full Immersion retail. María Sortino
10.00-14.00 - Biblioteca
Obradoiro no que ao longo de 4 horas e de maneira interdisciplinar se traballará sobre o concepto e a realización dun micro espazo de Retail.