• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
noticias socios/socias
03-12-2021 10:59:54

Comezamos decembro coa incorporación de Eva Prado

A piques de rematar o ano, seguimos sumando asociadas. Eva Prado é a última incorporación e achégase ó deseño despois dunha longa traxectoria profesional no eido dos museos. Seguro que aporta novas e refrescantes visións. Alédanos moito que formes parte da DAG, Eva, benvida!

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Ola!

Son Eva e actualmente estou dando os meus primeiros pasos como deseñadora gráfica.

Comecei no ano 1999 estudando a especialidade de escultura na Escola de Conservación de Pontevedra, e ata fai non moito dediqueime á conservación da arte e á xestión cultural.

Ademais de ter a oportunidade de traballar en varios museos, formei parte durante máis de 13 anos do equipo técnico do MAC, o Museo de Arte Contemporáneo da Fundación Naturgy en A Coruña.

Traballar no MAC foi xenial! Recórdoo como unha etapa moi divertida e estimulante, encadeando proxectos e traballando sempre contra reloxo. Eramos un equipo pequeno pero moi creativo e resolutivo. A miña responsabilidade era dirixir os departamentos de conservación e de colección pero tamén me ocupei da coordinación de exposicións, actividades e outros eventos, o que me permitiu entrar en contacto con múltiples formas de pensar e de facer de artistas, fotógrafos, deseñadores, músicos e outros axentes culturais de todo o mundo.

Chegou o momento no que tomei a gran decisión de apostar polas miñas inquietudes e dar un xiro cara algo ao que sempre me sentira atraída: o deseño en xeral e o gráfico en particular, polo que o ano pasado cursei un máster en deseño gráfico de ESDesign e agora acabo de empezar outro en deseño web multidispositivo: UX/UI para especializarme.

Ilusióname moito volver a empezar, e máis facelo en algo que me entusiasma podendo aportar todos estes anos de experiencia e vivencias profesionais. O meu interese é comunicar, mellorar o acceso a contido e converter pequenas ideas en proxectos que transformen a sociedade.

Actualmente vivo na cidade onde nacín, Vigo, pero tamén paso tempadas en Londres.

Encántame asociarme á DAG para conectar, establecer colaboracións e apoiarme na comunidade, e espero algún día ser tamén eu un apoio para outros deseñadores.

Saúdos e grazas por acollerme!

 

 

 

 

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.