• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
04-01-2022 12:00:00

Conferencia de Nacho Lavernia, Premio Nacional de Deseño, no Centro Galego de Arte Contemporánea

O vindeiro xoves 13 de xaneiro ás 18:00 h. no CGAC, Nacho Lavernia ofrecerá a conferencia «Exportar deseño e deseño para exportar» no marco da exposición «FSWD: Identidade e territorio»

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

From Spain With Design (FSWD) é un proxecto de READ, Rede Española de Asociacións de Deseño, concibido de forma colaborativa como unha ferramenta para a proxección do deseño español a nivel nacional e internacional. Froito deste proxecto inaugurouse o pasado 15 de outubro a exposición «FSWD. Identidade e territorio», que recolle proxectos de deseño de distintos ámbitos, entre eles o deseño de estoxos, especialidade na que sobresae Nacho Lavernia, Premio Nacional de Deseño no 2012 e un referente a nivel internacional. 

A exposición conta cun acordo firmado entre a Xunta de Galicia e READ a través da Axencia Galega da Industria Forestal, para a divulgación do uso da madeira galega como elemento para o deseño. Deste xeito todas as mostras desta exposición itinerante, que se desenvolverá en varias cidades e países, utilizarán como soportes das pezas unhas peanas realizadas de maneira artesanal en Galicia con madeira local. 

Vista das peanas da exposición «FSWD. Identidade e territorio», feitas en colaboración con Xera

As prazas para a conferencia cubriranse por orden de inscrición e posteriormente, ás 19:00h, realizarase unha visita guiada á exposición. «FSWD: Identidade e territorio»  está​ ​ comisariada por Uqui Permui (DAG), Ángel Martínez (ADCV), Gloria Escribano (DIMAD) e Juan Lázaro (Cuenca Diseño) e pode visitarse ata o 30 de xaneiro.

Inscricións
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.