Continuamos sumando socios!
Esta semana dámoslle a benvinda á deseñadora gráfica Patrica Núñez.
Ola, chámome Patricia, son unha deseñadora gráfica nacida en Lugo e residente na Coruña. A miña traxectoria profesional é pequena, mais chea de referentes. Comecei a traballar no estudio COSTA Comunicación na Coruña, para posteriormente traballar en proxectos e startups como deseñadora de interface e UI/UX. Tamén realicei traballos pola miña conta tanto de branding como de fotografía, sempre tentando rodearme de profesionais para aprender o máximo posíbel.
“You find out more by listening than by talking”
—Michael Bierut