• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
concursos
19-05-2023 10:08:00

Convocada a edición 2023 dos Premios Nacionais de Innovación e de Deseño

Desde o pasado 11 de maio está aberta a convocatoria dunha nova edición dos Premios que asume un orzamento maior, ​cambios na nomenclatura dalgunhas categorías e engade ademais unha nova categoría, a de «Novo Talento Innovador». ​​

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

​Estes galardó​n​s son o recoñecemento máis importante de España nos ámbitos da innovación e do deseño e distinguen a persoas e entidades que fixeron da innovación un elemento indispensable no desenvolvemento da súa estratexia profesional e de su crecimiento empresarial. Así mesm​o​, distinguen a profesionais e empresas que contribuíro​n​ significativamente ao incremento do prestixio do deseño español e ás entidades que, incorporándoo á súa estratexia empresarial, demostraron que o deseño é unha potente panca de innovación e de competitividade.

As categorías de deseño son:

  • Premio Nacional de Deseño na modalidade «Traxectoria en Deseño», dirixido a profesionais do deseño cunha traxectoria de alo menos quince anos de recoñecido prestixio no sector. Está dotado con 50.000 €
  • Premio Nacional de Deseño na modalidade «Deseño e Empresa», dirixido a empresas que incorporan o deseño á sú​a​ estratexia empresarial durante alo menos dez anos.
  • Premio Nacional de Deseño naa modalidade «Novos Profesionais do Deseño», dirixido a deseñadores e deseñadoras menores de 35 anos, dotado con 30.000 €

O prazo de presentación de candidaturas permanecerá aberto ata o próximo 15 de xuño ás 15:00 h (hora peninsular).

Os premios, organizados polo Ministerio de Ciencia e Innovación do Goberno de España, teñen carácter honorífico, agá​s​ a modalidade de «Pequena e Mediana Empresa Innovadora», dotada con 50.000 €; a de «Novo Talento Innovador», con 30.000 €; a de «Traxectoria en Deseño», con 50.000 €; e a de «Novos Profesionais do Deseño», con 30.000 €.

Máis información
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.