• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
21-10-2021 18:51:42

Convocados os VI Premios Paraugas 2021

O Cluster da Comunicación Gráfica de Galicia convoca unha nova edición para os VI Premios Paraugas. As empresas e profesionais interesados en inscribir os seus proxectos poderán facelo ata o próximo 25 de outubro.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Os Premios da Comunicación e do Marketing de Galicia foron creados polo Clúster da Comunicación de Galicia no ano 2016. Naceron coa idea de poñer en valor a calidade e o excelente traballo que se fai na nosa terra, co obxectivo de enxalzar a función da creatividade, o deseño, a edición, a impresión, o márketing, a comunicación e os eventos de orixe galega e como medio para conseguir aumentar a competitividade e a capacidade innovadora. Trátase dunha convocatoria de premios desde o sector e para o sector.

Os Premios Paraugas recoñecen o traballo profesional feito en Galicia nos ámbitos da creatividade, a edición, a impresión, o márketing, a comunicación e o deseño. Esta última categoría, patrocinada pola Axencia Galega de Innovación, inclúe 3 premios: Premio Paraugas ao Mellor Deseño Gráfico, Premio Paraugas ao Mellor Deseño Industrial ou de Produto e Premio Paraugas ao Mellor Deseño Dixital.

Todos os detalles sobre esta nova edición dos Premios Paraugas están dispoñibles na súa web, dende onde tamén se pode facer a inscrición de proxectos.

Bases dos Premios Paraugas
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.