Asociación
Galega
de Deseño

  • Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
22-02-2021 12:57:48

Aberta a convocatoria para a 51ª edición dos Premios Laus ata o 1 de marzo

Un ano máis os Premios Laus, organizados por ADG-FAD, abren a convocatoria para a presentación de proxectos de deseño. As candidaturas presentadas serán xulgadas por un xurado profesional, que seleccionará as obras gañadoras. 

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Os proxectos presentados aos Laus intégranse en 4 categorías principais: Deseño gráfico, Dixital, Publicidade e Audiovisual. Existe ademais un apartado adicado a Estudantes, un premio honorífico e un premio especial Laus Aporta, que recoñece o valor engadido dos proxectos a nivel social e cultural. Este ano, o importe recadado coas inscricións nesta última categoría será íntegramente doado ao proxecto «A Creatividade ao Principio», unha iniciativa de Cruz Vermella para transformar a realidade de nenas e nenos en risco de exclusión.

A inscrición de proxectos realízase a través da propia páxina web dos premios e todas as persoas asociadas á DAG, como asociación amiga, poden beneficiarse dun desconto do 15%.

O xurado estará integrado por profesionais con longas e recoñecidas traxectorias como Toni Segarra ou David Ruiz, e profesionais que despuntan como Rebeka Arce ou Olga Capdevila. A DAG conta un ano máis con representación de asociadas no equipo de selección, nesta ocasión será o infografista e deseñador Álvaro Valiño quen colabore coa organización na selección de proxectos. 

Os galardóns serán comunicados durante a cerimonia de entrega de premios, en xuño. Todos os proxectos premiados serán incluídos no Magabook ADG Laus de 2021 e recibirán un trofeo, deseñado polo estudio Oiko Design Office.

Bases dos Premios Laus

DAG, Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Mércores de 16:30 a 20:30 h
Venres de 16:30 a 20:30 h

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Enderezo postal
Apartado de correos 2131
15780 Santiago de Compostela

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon
É membro da
Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.