• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
actividades dag
04-09-2026 11:42:00

Convocatoria aberta para participar na LUGA Poster Biennale 2026

O certame internacional de cartelismo celebra a súa segunda edición reafirmándose como unha plataforma para a exploración do cartel como soporte para a comunicación e a experimentación. Poden presentarse carteis realizados entre setembro de 2024 e setembro de 2026.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Logo da exitosa convocatoria da primeira edición, que contou con participantes de máis de 50 países, a iniciativa da Escola Superior de Media Artes e Deseño da Universidade Politécnica do Porto (ESMAD/P.PORTO) e o Instituto de Investigación en Deseño, Medios e Cultura (ID+), lanza unha nova edición, desta volta coorganizada coa DAG Asociación Galega de Deseño. 

A convocatoria para enviar propostas está aberta até o 15 de setembro e conta no xurado con referentes do deseño como Pepe Barro, Laura Meseguer, Lizá Ramalho e Artur Rebelo do estudio R2, Astrid Stavro, Uqui Permui, David Carson e Helena Barbosa. A participación é gratuíta e as propostas deben enviarse a través do formulario dispoñible na web da LUGA. A selección de 2026 recollerase nunha publicación e mostrarase nunha exposición na cidade de Pontevedra, que se inaugurará a finais de ano. 

A LUGA, ademais dun evento expositivo, quere ser un punto de encontro para deseñadores, investigadores, estudantes e profesionais de todo o mundo, presentando o cartel como unha das formas máis significativas de comunicación visual e de expresión cultural. As catro categorías do certame –cultural, político/social, experimental e motion– buscan dar conta da diversidade de enfoques conceptuais e linguaxes visuais, ademais da capacidade do soporte para comunicar, cuestionar e implicar á esfera pública.

Con esta edición búscase consolidar a bienal como unha plataforma de referencia para o deseño de carteis, promovendo o intercambio cultural entre Portugal, Galicia e a comunidade internacional, ao tempo que impulsa novas aproximacións creativas, críticas e experimentais.

A LUGA conta novamente co apoio da Fundação para a Ciência e a Tecnologia (FCT) de Portugal e a fundición tipográfica R-Typography. Nesta ocasión a lista de entidades colaboradoras incluirá tamén á Universidade de Vigo, a través do Campus CREA e das facultades de Belas Artes e Deseño, e á Xunta de Galicia. 

Bases de participación
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.