• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
concursos noticias socios/socias
12-01-2023 12:00:00

Cubertería DIVO. Deseño galego premiado nos IDA 2022

A Cubertería DIVO deseñada por Xosé García de Piedrapapeltijera acaba de ser premiada cunha Official Selection e un Ouro na categoría de deseño de produto nos IDA International Design Awards na súa 16ª edición celebrada en Los Ángeles e que contou con traballos de deseñadores duns 80 países.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

DIVO é unha cubertería cunha proposta formal contemporánea composta de seis pezas, tres básicas (culleres, garfos e coitelos en tres tamaños) e tres especiais (hashi, culler de cóctel e pinzas) que mira tamén, a través da elección das madeiras, a maneira de facer dos artesáns galegos de lugares como A Fonsagrada con tradición de ferrerías e na fabricación artesanal de coitelos, garfos e otras ferramentas. 

O proxecto é o resultado do traballo final para o Grao en Deseño de Produto da escola EASD Mestre Mateo, e abarca tanto o deseño de produto/industrial como o deseño de envases, de identidade e dixital.

Os premios IDA nacen con vocación internacional no ano 2007 para recoñecer a importancia do deseño e a súa aportación á sociedade nas disciplinas de arquitectura, deseño de espazos, deseño de produtos, deseño de moda e deseño gráfico. Nesta edición presentáronse máis de mil proxectos de escolas, profesionais e estudios de todo o mundo.

Ficha do premio
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.