Cuenca acolle por segundo ano o 12 ENAD
Do 18 ao 20 de outubro terá lugar en Cuenca o 12 ENAD baixo o título Diseño de los cuidados, cuidados del diseño. O evento que está organizado por READ e Cuenca Diseño centra o tema no deseño como ferramenta para o coidado do mundo, da contorna, das cidades, das persoas… para crear futuros desexables.
Como pode o deseño contribuír a sociedades máis inclusivas? Como pode o deseño contribuír a entidades máis coidadoras? Como podemos coidar os proxectos de e desde o deseño? Estas e outras cuestións relacionadas serán abordadas durante o 12ENAD mediante a acción e a reflexión común con idea de plantexar futuros desde o deseño e os coidados. Traballarase pola innovación social a través do deseño para combatir as vulnerabilidades e fomentar a produción de novas visóns e novos modelos de transformación social.
O groso do encontro céntrase os días 18 e 19 de outubro, cun programa completo de obradoiros, relatorios, conversas, mesas de traballo e presentacións de proxectos nos que participan activamente as 13 asociacións que formamos READ e moitas outras entidades do sector público e privado, social e académico, co fin de estableceren relacións paralelas e novas iniciativas de grupo.
As mesas de traballo son un elemento fundamental nos ENAD. Este ano, ademais de tres proxectos de continuidade, cóntase cunha mesa sobre deseño inclusivo cuxos resultados serán aplicados ao reto 3 do proxecto de inclusión Divers+s Lab.
- Mesa 1: Boas Prácticas. Reflexións sobre o uso da IA.
Coordinada por Ana Rodríguez (DICA) - Mesa 2: GEN. Taller de co-creación con enfoque feminista.
Coordinada por Myriam Cea - Mesa 3: Deseño inclusivo. Unha mesa taller en colaboración con DIVERS+S
Coordinada por 3dLan - Mesa 4: Educación e Deseño. Impacto na educación e o deseño.
Coordinada por Juana Valcarcel (DIP) e Daniel Hervás (DIP)
A participación das persoas representantes de DAG este ano é posible gracias ao apoio da Xunta de Galicia a través do Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 – DIFERENZA. Este programa será presentado no propio ENAD xunto con outras iniciativas que a DAG está levando a cabo na nosa comunidade para difundir e impulsar o deseño galego.