Curso de deseño de revistas e libros dixitais e de posprodución dixital creativa na Fundación Seoane
A empresa de formación Cultura Visual está organizando para o vindeiro mes de xuño na Fundación Seoane da Coruña dous novos cursos. Trátase de: - Deseñando revistas e libros dixitais con Mag+ que impartirá a deseñadora de produto María Cerezo de Ubicuo Studio os días 14, 15 e 16 de xuño: http://www.culturavisual.es/desenando-revistas-e-libros-dixitais-con-magplus/ - Posprodución dixital creativa, a cargo de Ruth Rovirosa, e que se celebrará o 21, 22 e 23 de xuño: http://www.culturavisual.es/posproduccion-digital-creativa/ Ambos os cursos son presenciais e teñen unha duración de 16 horas que se desenvolverán no seguinte horario: Venres: de 16.00 a 20.00 h Sábado: 10.00 a 14.00 e 16.00 a 20.00 h Domingo: 10.00 a 14.00 h O importe da matrícula é de 120 euros, pero os socios da DAG que queiran participar en calquera destas dúas actividades teñen un desconto do 10%.
Formulario de matrícula: http://www.culturavisual.es/matricula/