• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
07-04-2017 16:38:44

Da árbore á cadeira

Desde hoxe e até o 5 de novembro pode visitarse no Museo Centro Gaiás Da árbore á cadeira, unha exposición que propón unha viaxe emocional da materia ao produto, da madeira ao mobiliario doméstico.

 

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Comisariada polo arquitecto Carlos Seoane, a mostra dirixe a ollada dos visitantes cara á riqueza ambiental dos bosques, a tradición en Galicia dos oficios vinculados ás artes da madeira e ao deseño contemporáneo do moble.

Este percorrido comeza nos propios bosques galegos, baixo a ollada de fotógrafos como Manuel Vilariño, Vari Caramés, Xosé Caruncho, Juan de la Sota ou Juan Rodríguez; grandes artistas plásticos como Castelao, Seoane, Maside e figuras contemporáneas como Pamen Pereira ou Jorge Perianes.

E da natureza ao fogar, porque Da árbore á cadeira conta cunha segunda parte centrada na madeira como produto. Tomando como escusa a cadeira, a exposición ofrece unha viaxe polo deseño desde os pioneiros (Isaac Díaz Pardo, Alejandro e Jesús de la Sota e Xosé Bar Bóo) até os contemporáneos, entre os que se encontran moitos dos grandes arquitectos e deseñadores galegos, como Manuel Gallego Jorreto, Irisarri e Piñera, Noguerol e Díaz, Iago Seara, Carlos Quintás, Creus e Carrasco, Cenlitrosmetrocadrado, Tomás Alonso, Elías Cueto, Lucía Buceta ou Iñaki Leite.

Información práctica

Horarios: De 10.00 a 20.00 h

Visitas comentadas:

  • De martes a venres: ás 17.30 h

  • Sábados, domingos e festivos: ás 12.30 e ás 17.30 h

  • Semana Santa, xullo e agosto: de martes a domingo ás 12.30 e 17.30 h

De balde. Saída desde o mostrador de entrada do Museo Centro Gaiás. Non é preciso reservar

Da árbore á cadeira
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.