Asociación
Galega
de Deseño

  • Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
26-10-2020 11:06:51

A DAG e GAIN inician un estudo sobre a economía do deseño en Galicia

O estudo de investigación sobre o impacto e o retorno do deseño na economía galega é unha iniciativa da Axencia Galega de Innovación, que se enmarca no Programa Deseño Galego para a Innovación 2020.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Debido ao seu carácter transversal, o valor do deseño é un factor dificilmente medible. É por iso que se considera necesario un estudo específico, que permita indagar na súa capacidade para incidir directamente na economía e na evolución das empresas, así como nos servizos e produtos ofrecidos por estas.

O Estudo da economía do deseño en Galicia partirá dunha recompilación de datos que permitirá facer un retrato amplo do sector do deseño en Galicia: cales son os seus axentes, que profesionais e disciplinas interveñen no sector, cales son as súas circunstancias… Ademais, a través dunha mostra na que se incluirán distintos sectores, este estudo ofrecerá datos de como o deseño interactúa coas empresas.

Para a recompilación de datos utilizaranse enquisas e entrevistas en profundidade, para tentar entender mellor cal é a realidade das empresas e profesionais do deseño en Galicia. Este estudo aportará datos cuantitativos e cualitativos do sector para medir o seu impacto na economía galega, pero tamén para identificar que oportunidades e problemáticas se presentan para o futuro.

O proxecto nace cun dobre obxectivo: coñecer mellor a realidade do deseño galego –como actividade profesional e económica– e ofrecer ferramentas para futuras investigacións neste eido, facendo posible as comparativas con outros territorios e outros sectores.

Para a realización deste estudo queremos facer unha chamada aberta a profesionais do deseño en Galicia, sexan persoas empregadas, responsables dunha empresa de deseño ou traballadores independentes. Se queres participar no estudo e recibir información puntual nas súas diferentes fases podes subscribirte á lista de correo, creada para este estudo, pola DAG.

 

Quero recibir máis información

DAG, Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Mércores de 16:30 a 20:30 h
Venres de 16:30 a 20:30 h

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Enderezo postal
Apartado de correos 2131
15780 Santiago de Compostela

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon
É membro da
Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.