• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
noticias socios/socias
16-05-2022 11:59:54

Damos a benvida a Antón Veríssimo

Aínda que xa leva un tempo con nós, estamos encantadas de presentar hoxe oficialmente como novo socio a Antón Veríssimo, que desde o seu estudio VRANDSS traballa para crear marcas memorables. Benvido Antón!

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Ola a os e as asociadas da DAG!

Son Antón Veríssimo e son o director creativo de VRANDSS, axencia de branding de Vigo.

Son socio da DAG dende finais do 2020, pero unha pandemia, un fillo e comezar un novo proxecto por medio, non me deixaron tempo para poder presentarme.

Formo parte da DAG por dous motivos, o primeiro é por responsabilidade, xa que penso que todo deseñador ou deseñadora galega debería estar asociado, xa que é unha maneira de darlle valor e importancia ao noso traballo. O segundo motivo é para estar ao día no sector, intentar participar del, e coñecer aos asociados e asociadas, que coma min cren que esta asociación é significativa.

Agora ben, sobre min, contarvos que levo algo máis de 15 anos na profesión, nos que traballei en diferentes axencias e estudios, e os últimos 8 anos, emprendendo. En 2014 comecei sendo freelance de deseño gráfico, en 2018 inventei e cofundei Kitebrella, unha startup que me permitiu acceder a ViaGalicia na súa fase de academia. Por último, a finais de 2020 decidín apostar pola especialización y montar xunto co meu socio David, VRANDSS, unha pequeña axencia de branding na que ofecemos servizos a PEMES e emprendedores.

Un pracer coñecervos a todos e todas!

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.