Dani Bembibre
Deseñador gráfico en Costa
Costa
Rúa Real 55, 1º esq.
15003 A Coruña
T. 981 229 662
Dani Bembibre é deseñador gráfico e director de arte en Costa. Licenciado en Belas Artes, especializouse en deseño e ilustración na Universidade Aalto de Helsinki (Finlandia). Ten 15 anos de experiencia. Traballou en axencias como Ruiz+Company ou SUMMA de Barcelona, e nesta participou en proxectos para clientes como Silestone, Chocolat Factory, Nutrexpa, Telecinco ou na renovación da identidade visual de RTVE. En 2010 funda o seu propio estudio na Coruña, Belda. En 2014 asóciase con David Silvosa e nace Costa. É docente en distintos foros, e ten o Premio do Art Directors Club of Europe, un Premio LAUS e os premios Grafia de Finlandia.