• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
21-11-2022 11:11:21

Daniel Pino, Cenlitrosmetrocadrado e Tony Le Brand premiados nos VII Premios Paraugas

O pasado venres 18 de novembro coñecéronse os proxectos gañadores dos VII Premios Paraugas nunha gala presencial celebrada en Expourense. Os Premios, que estrearon imaxe gráfica, respaldaron a calidade do traballo que se está a desenvolver en Galicia nos últimos anos. 

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Fotografía Rúbrica Digital

Na categoría de Deseño, patrocinada pola Axencia Galega de Innovación, resultaron gañadores os seguintes proxectos, dous deles de tres socios de DAG, Daniel Pino, Ricardo Tubío e Xabier Rilo:

  • Mellor Deseño Gráfico: proxecto editorial e rebranding da revista Tempos Novos realizado por Daniel Pino.
  • Mellor Deseño Industrial ou de Produto: Oco, de Cenlitrosmetrocadrado para a empresa Rodiñas.
  • Mellor Deseño Dixital: Web Médula Flor, de Tío Phil.

Os compañeiros de Tony Le Brand, coa peza «La resistencia continúa», realizada para Hijos de Rivera (Estrella Galicia), resultaron gañadores na categoría de Creatividade á Mellor Campaña e na categoría Márketing como Mellor Estratexia de Márketing. Ademais, na categoría de Creatividade, levaron o premio á Mellor Produción (Craft) con «Prohibido bajar los brazos», realizada tamén para Hijos de Rivera (Estrella Galicia).

Queremos trasladar os parabéns ao resto de compañeiros e compañeiras que acompañaron aos gañadores como finalistas nas diferentes categorías: Noelia Estévez, Carlos Álvarez e Susana González de Desoños, Marcos Dopico, Nuria Carballo e Javier Ferrín.
 

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.