• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
noticias socios/socias
09-02-2026 10:37:07

Dardo, Coma e Era Comunicación premiados nos Anuaria

A XXXII edición dos Premios Anuaria vén de publicar os traballos gañadores e temos que destacar catro proxectos de persoas asociadas. 

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Tanto DARDO, como Era Comunicación e o estudio Coma levaron unha Selección Anuaria en cadansúa categoría. 

O estudio DARDO, do que forma parte a nosa asociada Conchi Mayo, recibiu unha Selección Anuaria ao mellor deseño dunha pubicación editorial polo catálogo Mery Pais. Lei eterna. Unha colección de pezas únicas que daba continuidade á performance e ao traballo da artista exposto na Fundación DIDAC e que recupera retais téxtis usados. 

Era comunicación, o estudio pontevedrés do que forma parte o socio José Antonio Pérez Gil, levou dúas Seleccións Anuaria na categoría de mellor cartel. Unha polo deseño do cartel para o Nadal de Pontevedra onde a simplicidade das formas da lugar a unha identidade visual moderna e cálida; e a segunda para o deseño do Festival internacional de jazz e blues da mesma cidade, onde a imaxe céntrase nunha metáfora visual que conecta o corpo coa música. Ambos traballos encargados polo concello de Pontevedra. 

Pola súa banda, Coma comunición creativa, estudio do que forma parte o noso compañeiro Carlos El Rojo, levou unha Selección Anuaria na categoría de mellor anuncio de prensa co deseño realizado para Noraves, un proxecto coordinado polo CEIDA que busca reducir a mortalidade das aves mariñas causadas polas artes de pesca. A campaña visual comunica a coexistencia entre conservación e pesca mediante fotografías documentais e mensaxes tipográficas claras que destacan logros científicos e tecnolóxicos. 

Os Premios Anuaria son os premios de deseño gráfico con máis apoio no sector en España e conta co respaldo das princiapais organizacións, centros de deseño e prensa especializada. O xurado está formado exclusivamente por membros designados polas principais organizacións profesionais. 

Web dos premios
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.