Debate da PNL sobre unha estratexia nacional de deseño
Mañá 10 de maio reúnese no Congreso dos Deputados a Comisión de Economía, Industria e Competitividade para tratar cuestións tan vitais para o sector do deseño como a Proposición non de lei relativa a unha estratexia nacional de deseño ou como a necesidade de promover un Pacto Nacional polo I+D+i que dote de estabilidade e obxectividade a política en materia de ciencia, tecnoloxía e innovación.
A sesión poderá acompañarse en directo pola canle do Congreso a partir das 16.00 h. Deixamos aquí a ligazón á orde do dia e á canle do directo:
Alén de no Congreso, o debate estará tamén na redes. Participade usando #EstrategiaDiseño