• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
04-07-2022 12:00:00

Delta de bronce para a mesa Lusi de Cenlitrosmetrocadrado

O pasado 16 de xuño, os nosos compañeiros Ricardo Tubío e Xabier Rilo recibiron un Delta de bronce polo deseño da mesa Lusi. Os premios, editados por ADI FAD, a Asociación de Deseño Industrial,​ valoran a excelencia do deseño e pon de relevo a súa importancia como ferramenta para xerar riqueza na economía industrial. 

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

En palabras de Cenlitrosmetrocadrado, «a mesa Lusi, nace coa intención de aunar a calidez e proximidade do mobiliario doméstico e a limpeza e pragmatismo das solución​s​ de oficina. Constrúese a partir dunha sinxela estrutura de madeira maciza de cedro sobre a que se apoia un taboleiro contrachapado melamínico. A estrutura emprega unha linguaxe de culto ao material e ao oficio, mentres que a superficie faino nun ton máis sobrio e contido, vencellado á funcionalidade e á durabilidade».​​

Os premios entregáronse nunha cerimonia dentro da Barcelona Design Week, xunto co resto de premios FAD. Todas as obras seleccionadas e gañadoras das diferentes disciplinas do deseño poden visitarse na exposición «O mellor deseño do ano», que estará no Disseny Hub Barcelona ata o 28 de agosto de 2022.  

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.