• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
noticias socios/socias
24-02-2022 10:54:54

Desde Ámsterdam, Mariola López incorpórase á DAG

Estamos moi contentos de contar entre as nosas asociadas con Mariola López, que desde Ámsterdam e o seu estudio Lopezlab se incorpora á DAG traspasando fronteiras e sumando asociadas. Benvida Mariola!

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Ola, encantada de coñecervos e honrada de formar parte da DAG. Son Mariola López Mariño, fundadora e directora creativa de Lopezlab Amsterdam. Son de Ribadeo e vivo en Ámsterdam dende hai 20 anos, comecei o meu propio estudio hai 15 anos despois de rematar a miña aprendizaxe en Amsterdam, Barcelona e Ourense.

Fíxenme deseñadora porque me gustaban as cousas fermosas e consistentes, e pola miña fascinación de toda a vida pola comunicación: comprender a forma en que a xente elixe e asimila información intrigoume e segue a intrigarme agora tanto como ao principio.

Mentres, pasaron 20 anos e sen saber moi ben como convertinme en especialista contacontos: moitas veces a través de libros en edicións especiais, pero tamén a través de espectáculos, interiores, marcas ou plataformas dixitais. Unha historia pódese contar de moitas maneiras. Como deseñadora síntome privilexiada de ter as ferramentas que facilitan a forma en que as persoas se entenden e orgullosa cando consigo crear algo que funciona e que non existía antes.

Este é o meu resumo. Espero coñecervos persoalmente nalgún dos eventos da DAG e ter a oportunidade de intercambiar opinións. O potencial de deseño en Galicia é inmenso e estou feliz de formar parte del.

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.