• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
Difusión eventos
12-02-2026 10:05:10

«Deseño para vivir», en Casa RIA

A sede da Fundación RIA en Compostela acolle até o 30 de xuño a primeira exposición monográfica sobre os deseños de David Chipperfield.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Imaxe: Fundación RIA

A mostra, que xira en torno ao deseño para a vida cotiá, presenta unha selección de máis de 50 obxectos, ademais de prototipos e bosquexos que enseñan el universo creativo desenvolvido no estudio do arquitecto británico, afincado en Galicia, nos últimos 35 anos, incidindo na súa vinculación co territorio e a súa relación cos procesos de produción tadicional. 

Entre as temáticas sobre as que se reflexiona ao longo do percorrido expositivo, que abrangue as dúas primeira plantas do emblemático edificio de Virxe da Cerca, están a sostibilidade, o uso responsable dos recursos, o impacto na sociedade e a preservación dos valores locais no deseño.

A exposición inclúe unha sección que reúne piezas icónicas do deseño galego, comisionada polos responsables da exposición e publicación «A Galicia Deseñada» –Marcos Dopico, Cibrán Rico e Suso Vázquez–, que reflicten a evolución do ámbito no noso territorio e a  calidade dos traballos de Luis Seoane, Isaac Díaz Pardo, Ventura Cores, Carlos Maside…e outras autorías máis contemporáneas. 

Durante os vindeiros meses están programadas unha serie de conferencias e seminarios con profesionais internacionais e locais de distintas disciplinas do deseño. A mostra pódese visitar de luns a sábado, en horario de 10.00 a 17.00 h. 

Máis info
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.