Asociación
Galega
de Deseño

  • Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
noticias socios/socias
30-09-2020 10:26:33

O estudio galego desescribir nominado a dous Laus na súa 50ª edición

As obras recoñecidas son o catálogo da exposición «Pensar coas mans. Cestería, cerámica e xoiería de Galicia», editado polo Museo Gaiás da Cidade de Cultura de Galicia, e o libro «Approach 2018-2019», deseñado para a Washington University.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Os Premios Laus, outorgados polo ADG-FAD de Cataluña, son os premios de deseño de maior prestixio en España e un dos máis importantes a nivel europeo. Dende 1970 recoñecen os mellores traballos realizados a nivel internacional nos eidos do deseño, a publicidade e a comunicación. O xurado que concede os premios cambia cada ano. Os nomes dos seus integrantes parten sempre dunha coidada selección, na que se inclúen profesionais de grande relevancia internacional. 

Este ano, celebramos a selección de dúas obras creadas polos nosos socios Cibrán Rico e Suso Vázquez, na categoría de deseño gráfico. O seu estudio, desescribir, xa conta no seu palmarés particular con 10 Premios Laus, dous Premios D&AD, e un Premio PHotoEspaña ao mellor libro de fotografía publicado en España, entre outros méritos e recoñecemento ao seu traballo.

A cerimonia de entrega de premios, onde se darán a coñecer os diferentes galardóns, celebrarase o día 26 de novembro, dentro do programa da Barcelona Design Week.

DAG, Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Mércores de 16:30 a 20:30 h
Venres de 16:30 a 20:30 h

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Enderezo postal
Apartado de correos 2131
15780 Santiago de Compostela

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon
É membro da
Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.