• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
noticias socios/socias
12-01-2026 12:56:05

DIDAC presenta O arquivo de Barro

O próximo 16 de xaneiro inaugúrase a exposición O arquivo de Barro, sobre o arquivo de deseño do noso compañeiro Pepe Barro, que estará aberta para visitas ata o 24 de abril. 

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Pepe Barro, deseñador, investigador, cronista e historiador de deseño, depositou o seu arquivo gráfico e visual na Fundación DIDAC no ano 2024, dentro do proxecto Arquivo DIDAC, e agora presenta na mesma fundación unha exposición. Con este depósito, a Fundación DIDAC asume a súa custodia, conservación e catalogación para garantir o seu acceso a persoas investigadoras, deseñadoras, artistas e público en xeral. 

O arquivo de Pepe Barro está conformado por debuxos orixinais, cadernos de traballo, manuais de identidades corporativas, aplicacións gráficas de diferentes formatos, pezas multimedia, cartaces, exemplares de deseño editorial, ilustracións, pezas de carácter máis artístico e experimental… e tamén textos e reflexións do deseñador ao longo destes máis de 50 anos de profesión.  

O Arquivo DIDAC conta cun arquivo dixital e coa aportación física de pezas da colección Fundación DIDAC, documentando con elo todo un século de creación en Galicia. A plataforma permite a descarga de vídeos, textos en PDF e publicacións, así como acceso puntual a pezas inéditas da historia do deseño en Galicia. 

A mostra «O arquivo de Barro» busca reflictir a importancia do legado do desseñador e a singularidade do seu arquivo, na que se amosan os distintos ámbitos nos que desenvolveu o seu traballo profesional. Para non perder! 

Arquivo DIDAC
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.