Dino dos Santos falará de tipografía para xornais no feet
O prestixioso deseñador portugués, Dino dos Santos, achégase a Pontevedra para falarnos do deseño de tipos para xornais, nunha conferencia que servirá para poñerlle un broche de ouro á segunda xornada do workshop: Introdución ao deseño de tipografía que imparte Andreu Balius dentro do marco do feet. Dino dos Santos naceu en 1971 na cidade do Porto e licenciouse enDeseño de Comunicación Visual na Escola Superior de Artes e Design de Matosinhos, na que agora ensina Tipografía. En 1994 fundou o seu estudio DSType e desde entón deseña tipos para diferentes institucións, revistas e proxectos culturais. Constitúe unha referencia internacional do deseño de tipos made in Portugal e as súas requintadas fontes obtiveron galardóns tan prestixiosos como o Certificado de excelencia ao deseño de tipos que o Type Directors Club of New York lle concedeu en 2008. Conferencia de Dino dos SantosTítulo: DSType Foundry: Deseño de tipos para xornais Lugar: Salón de conferencias da Casa das Campás (2º andar) Día: venres, 17 de decembro Hora: 19.30 h Entrada libre