• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
04-01-2022 12:00:00

Dúas pezas de Desescribir seleccionadas nos premios anuais do Tokyo Type Directors Club

Os socios Suso Vázquez e Cibrán Rico, do estudio Desescribir, están de noraboa pola recente nominación do libro «Iremos al Sol/Towards the sun» de Regina Giménez e do cartel deseñado para a película ONS, como finalistas dos Premios Tokyo Type Directors Club. 

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Cartel da película Ons. Foto de Desescribir

Os Tokyo TDC Annual Awards son uns premios de prestixio internacional que se celebran dende 1990. Valoran traballos onde prima a expresión visual e as letras e as palabras toman o protagonismo. Entre os gañadores das últimas edic​​ións están estudios como OK-RM de Londres ou M/M de París. A mediados deste mes de xaneiro comunicarase a selección final do xurado. 

O libro «Iremos al sol/Towards the sun», que deseñaron e editaron para Fabulatorio, está coeditado co​​ Museo Patio Herreriano de Valladolid e foi publicado co gallo da exposición que, baixo o mesmo nome, tivo lugar nese museo do 19 de setembro de 2020 ao 17 de xaneiro de 2021. A s​úa autora, Regina Giménez, é unha artista contemporánea de renome tanto a nivel nacional como internacional, que traballa elementos extraídos do seu contexto natural para reinterpretalos con diferentes técnica​s.​ ​Por outra banda, o cartel da película ONS, de Alfonso Zarauza, unha das grandes triunfadoras dos Premios Mestre Mateo 2021, xa foi premiado cun Laus de Bronce ​o ano pasado.

Libro «Iremos al sol». Foto de Desescribir

Fabulatorio é a editora independente que os compañeiros da DAG crearon en​​ 2012, centrada en proxectos sobre arte, deseño e cultura visual. Este libro forma parte da colección Somnámbulo Funámbulo, pezas editadas en cooperación con museos, institucións, colectivos ou persoas individuais. Non é a primeira vez que os seus traballos están nominados​ a premios de alcance internacional. 

Web Tokyo TDC
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.